Tódolos goles dos equipos do Salnés na 5ª xornada ligueira

futbol250_290908.jpgSALNÉS > O Arousa foi netamente superior ó Portonovo no derbi e levouse a victoria por 1-3. Victoria tamén para o Céltiga na casa ante o Lalín mentres que o Vilalonga continúa en caída libre tras perder onte no Municipal das Pardiñas ante o Somozas.

{flowplayer}images/salnes/futbol_290908.flv{/flowplayer} 

O Arousa foi mellor e por iso levouse o derbi. Os de Laxes superaron en todo momento ó Portonovo, a excepción dos 15 primeiros minutos da segunda parte, nos que os locais buscaron a remontada dun encontro que se lles puxo moi cedo de costas.

Pasado o cuarto de hora, César anotaba en propia meta o primeiro tanto do encontro. E pouco despois chegaba o segundo, no minuto 25, Fernando lanzaba unha falta ó borde do área ó pau e Nelo aproveitaba o rexeite para facer máis ampla a vantaxe. 0-2 e o descanso. No xogo e nas ocasións os visitantes foran mellores.

Milucho buscou revolucionar o partido na segunda metade e deu entrada a Melchor e Villaverde por Alfonso e Baptiste, desacertados no primeiro acto. E obtivo os seus froito cando Álex no 59′  facía o 1-2, nunha xogada de estratexia.

Puideron chegar os nervios e as ansias ó Arousa, pero non foi así. O empuxe só lle durou dez minutos ó Portonovo, tempo que tardou en recibir o terceiro nunha contra perfectamente levada por Padín que remachou a gol Roberto.

Cambia a crise de bando, os dous conxuntos quedan con catro puntos na clasificación pero con diferentes sensacións no corpo: os de Milucho, preocupados pola imaxe deixada e os de Laxes convencidos de que este será un punto de inflexión na recuperación do equipo.

Por outra banda o Céltiga colócase cuarto na xeral tras vencer pola mínima (1-0) ó Lalín no Salvador Otero, con gol de Fran Matos no 55′. Os visitantes mereceron mellor sorte pero a gran actuación do porteiro local César, decisivo como en Negreira, fixo que os tres puntos quedaran na Illa.

Peor lle foron ás cosas ó Vilalonga, que caeu co Somozas tamén 1-0, despois de desaproveitar con empate no marcador un penalti a favor, errado por Lozano.

En Preferente Autonómica déronse estes resultados: Unión Grove 2 – 1 Estradense; Sanxenxo 2 – 1 Barco e Porriño 3 – 1 Ribadumia.

Redacción Salnés