Ribadumia botarase á rúa para disputa-la súa carreira popular

carreira_170108.jpgRIBADUMIA > Todo listo para que se dé a saida, o domingo ás 12:00. Van xa doce edicións desta carreira que pasa por ser unha das máis entrañables de cantas se desputan na comarca.

Coma sempre haberá tres categorías diferentes: unha, para os rapaces de ata nove anos, que correrán cincocentos metros nas inmediacións do pavillón. Outra, para categorías infantil e cadete, de tres quilómetros. A última, e na que se agarda maior participación, para os maiores, que terá un percorrido de sete quilómetros.

Segundo os que xa participaron noutras ocasións, a proba é un rompepernas, pola gran cantidade de pendentes que hai. Pódese dicir que a carreira é sempre ben recibida polos veciños e moi querida polos participantes, quizáis polos sustanciosos agasallos que fai: empanadas, camisetas, caixas de albariño e por suposto trofeos para os primeiros clasificados.

Entre os participantes agárdase a confirmación de Julián Bernal, un atleta ferrolán de 83 anos que xa estivo presente nas últimas dúas edicións.

Os que queiran participar saiban que o prazo de inscripción ainda está aberto e que se pode facer ben por fax, email ou personándose no pavillón de Ribadumia.

Redacción Salnés