A Supercopa Galega de Waterpolo xógase este sábado en Pontevedra

PONTEVEDRA> A Supercopa Galega de Waterpolo xógase en Pontevedra. A vila acollerá este sábado os partidos dos que sairán os campións deste título, tanto na categoría feminina como na masculina. En ambos encontros participará o Club de Waterpolo Galaico de Pontevedra.

 

Os mellores equipos do waterpolo galego daranse cita este sábado en Pontevedra. A piscina do Centro de Tecnificación Deportiva de Galicia acollerá a Supercopa Galega deste deporte, tanto masculina como feminina.

A cidade estará representada en ambos partidos polo Club de Waterpolo Galaico Pontevedra, que agarda arrancar a nova temporada con estes títulos nas súas vitrinas.

O encontro dos equipos femininos será ás 5 da tarde do sábado, mentres que os masculinos xogarán ás 8 menos cuarto. No medio, celebrarase un amigable da categoría infantil. Ademais, o programa inclúe unha xornada de reciclaxe arbitral organizada pola Federación Galega de Natación , con charlas a árbitros, xogadores e adestradores.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/30/supercopa_waterpolo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/30/supercopa_waterpolo.mp4{/flowplayer}