A Deputación pon en marcha un Observatorio Turístico

    turismo_rias_baixas100_300908.jpgPONTEVEDRA > A Deputación de Pontevedra porá en marcha un Observatorio Turístico que permitirá coñecer con detalle os datos reais do sector …

    {flowplayer}images/salnes/TURISMO_RIAS_BAIXAS.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA > A Deputación de Pontevedra porá en marcha un Observatorio Turístico que permitirá coñecer con detalle os datos reais do sector e o impacto que ten na economía da provincia. Baixo a dirección de Remedios Pérez, actual técnico de Turismo Rías Baixas, faranse enquisas entre os visitantes en tempada alta para obter datos como o número de turistas, o tempo de estancia, e mesmo o perfil do visitante.

    Recollidos e analizados os datos publicarase un boletín con estatísticas de fontes propias e doutros organismos oficiais para analizar a evolución interanual do turismo. Tamén se fará un informe anual cos estudos e informes realizados ó longo do ano, incluíndo unha valoración.

    O seguinte paso será a planificación de estratexias e actuacións. A Deputación pretende elaborar un Plan de Promoción e un Plan Estratéxico de Competitividade. O observatorio Turístico aloxarase na web de Turismo Rías Baixas e a través dun enlace co portal www.depontevedra.es.

    Redacción Salnés