BOIRO> A praza do concello de Boiro acolle o vindeiro martes a segunda edición do Festiritititi. Trátase dunha xornada lúdica organizada pola asociación AMICOS na que participarán escolares de tódolos centros educativos do municipio.
Un ano máis chega o Festirititi a Boiro. Coincidindo co Día Internacional da Discapacidade, AMICOS organiza esta xornada festiva que busca favorecer a inclusión a través do xogo.
Está previsto que se sumen á iniciativa os escolares dos centros de primaria e do IES Praia de Barraña.
Ademais da colaboración do concello, a iniciativa conta co apoio de Jealsa Rianxeira que segue así a súa liña de promoción da diversidade.
As actividades darán comezo ás once da mañá na praza do concello. No caso de chuvia trasladaranse ó pavillón de Barraña.