As chuvias minguaron ata un 60 por cento a produción de tinto de Barrantes

    tinto100_300908.jpgRIBADUMIA > Os viticultores do Salnés non están contentos este ano coa vendima de Tinto de Barrantes. A lo menos no que se refire á cantidade …

    {flowplayer}images/salnes/VENDIMA_TINTO.flv{/flowplayer}

    RIBADUMIA > Os viticultores do Salnés non están contentos este ano coa vendima de Tinto de Barrantes. A lo menos no que se refire á cantidade de uva que están a recoller nas cepas. O presidente da Asociación do Viño Tinto de Barrantes, Manuel Abuín Castro, non cre que cheguen a coller nin un millón de quilos de uva, o que suporá entre un sesenta e un setenta por cento menos do recollido na vendima de 2007.

    A culpa disto téñena as choivas da pasada primavera. O viticultor Manuel Abuín explica que cando tivo lugar a purga, o proceso no que a flor dos acios se converte en uva, o tempo no acompañou. Haber, haberá pouca, pero de boa calidade. A uva que resistiu aproveitou a carga extra de auga para coller líquido. Segundo os cálculos da Asociación de Viticultores de Tinto de Barrantes, estímase que a produción deste ano dea para unhas oitocentas mil botellas. Ante isto, é moi probable que, por primeira vez, desde hai uns dez anos, a botella de tinto de Barrantes supere o prezo medio da de albariño.

    As condicións climatolóxicas tamén influíron na gradación da uva tinta, que está a superar incluso á da albariña, e achégase ós 13 graos.

    Redacción Salnés