PONTEVEDRA> O Novo Plan E para loitar contra a crise do Goberno Estatal, o Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local, vai a supoñer…
{flowplayer}images/salnes/061109_novo_plan_e.flv{/flowplayer}
… o reparto de 5.000 millóns de euros entre os Concellos en todo o país, en función de cadanseu índice de poboación. Os 62 concellos de Pontevedra recibirán o 34,24 % do importe total asignado a nosa comunidade.
Os proxectos deben axustarse a liñas de sostibilidade económica, ambiental e social; podendo destinarse un 20 % do total ó mantemento de servicios sociais de competencia municipal,como a educación ou a atención á dependencia. Outro 20 % poderá tamén ser empregado no equipamento de edificios ou instalacións ou gastos técnicos dos proxectos.
O prazo para a presentación de proxectos estará aberto desde antonte a ata dentro de tres meses, comezando o prazo de execución dos mesmos xa a partir de primeiros de ano. Como novidade este ano, cabe salientar a constitución de cadansúa comisión por provincia destinada ó control e seguimento da execución dos proxectos do novo Fondo anticrise.
Redacción Salnés