Os alumnos do Salnés estrean os encerados electrónicos

    pizarra100_021008.jpgCAMBADOS > Os colexios do Salnés estrean hoxe o proxecto Cultura en Rede. Trátase dun innovador software para os encerados electrónicos

    {flowplayer}images/salnes/pizarras.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS > Os colexios do Salnés estrean hoxe o proxecto Cultura en Rede. Trátase dun innovador software para os encerados electrónicos que hai en cada centro promovido pola Mancomunidade do Salnés e a empresa Imaxina. Esta ferramenta permítelles conectarse e crear desde o encerado os seus propios contidos, que ademais o poderán consultar os propios pais a través de Internet.

    Os contidos destes encerados teñen como base a información do proxecto Imaxínate o Salnés, tamén da Mancomunidade. Isto é datos da historia, natureza e cultura da comarca, agora xa cunha vertente máis educativa. Simplemente co dedo, os nenos e os mestres poden traballar con eles e mesmo ampliar a información.

    O sistema é moi sinxelo, ata un neno de 5 anos é capaz de traballar con el, como se demostrou esta mañá na presentación oficial realizada no colexio da Pastora, en Cambados. No acto estiveron tamén a delegada de Innovación e Industria e o presidente da Mancomunidade. Esta é a primeira experiencia piloto destas características en toda España.

    Redacción Salnés