Á veciñanza das Rías Baixas adáptase á nova normalidade mantendo as precaucións

SALNES> A veciñanza das Rías Baixas vaise adaptando á nova normalidade. Entre a poboación o medo vai diminuíndo agás na xente maior. As distancias de seguridade e o respecto das quendas de espera nos establecementos son o que máis destacan desta nova realidade.

Galicia vaise adaptando á nova normalidade. Unha realidade diferente á que viviamos antes da pandemia. As medidas de prevención para evitar contaxios continúan a ser unha obriga. Así, temos que seguir gardando a distancia social, manter unhas estritas medidas de hixiene e emprega-la máscara cando sexa necesario.

A pesar de entrar nesta nova fase, o medo á pandemia segue estando presente.

Coa nova normalidade podemos organizar reunións nos domicilios particulares, sen limitacións. A ocupación de establecementos comerciais aumenta ata o 75% da súa capacidade, a mesma que no interior de bares e restaurantes, que ven incrementada a cantidade de ocupación das súas terrazas ata o 80%. A pesar disto, a sensación é que a nova normalidade é moi diferente á anterior.

En praias, zonas deportivas ou parques, o seu aforo calcularase en base á ratio dunha persoa por cada metro cadrado. As piscinas tamén terán limitado o seu uso ó 75% do aforo habitual. No caso das discotecas e lugares de lecer nocturno, só poden abri-las terrazas ó aire libre. O interior destes establecementos, os locais de xogos infantís e as verbenas deberán agardar ata o 1 de xullo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí