A Mancomunidade do Salnés organiza un concurso de vídeos en Youtube

    presumedosalnes100.jpgCAMBADOS> A temática é libre pero debe estar relacionada coa promoción dos recursos gastronómicos, paisaxísticos e culturais da comarca…

    …Os interesados en participar deben colgar os seus traballos na páxina web de youtube ata o vindeiro 15 de maio.

    "Presume do Salnés" é o lema escollido pola Mancomunidade do Salnés para o primeiro concurso de vídeos promocionais sobre a comarca. O concurso está aberto a tódolos participantes que o desexen, en categoría xuvenil, adultos e centros escolares. As bases para participar neste certame pódense consultar a través de internet na dirección web, www.osalnes.com/presumedosalnes.

    Os traballos non teñen porque ser profesionais, pero si deben ser orixinais e ter unha duración que non supere os tres minutos. Os vídeos colgaranse en youtube, para facilitar a súa difusión. O obxectivo é que cada vídeo rexistre, aló menos, unhas 2.000 visitas, unha cifra doada de acadar, a través de internet. 

    A Mancomunidade do Salnés premiará os mellores vídeos en tres categorías. O adulto gañador recibirá 500 euros en metálico, os rapaces, un Ipod Nano e o centro escolar participante, que resulte vencedor, percibirá un cheque de 1.000 euros para gastar en material audiovisual.

    CAMPAÑA DE PROMOCIÓN

    A Mancomunidade editou 1.000 carteis e 35.000 folletos informativos que se distribuirán pola comarca. Tamén se porá en marcha unha campaña informativa nos medios de comunicación coa fin de promover a participación nesta iniciativa.

    A Mancomunidade investirá 15.000 euros neste concurso, financiado integramente con fondos do Ministerio de Industria, para a Promoción Turística mediante o uso das Novas Tecnoloxías.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/120309_concurso_youtube_mancomunidade.flv{/flowplayer}