Un motorista resulta ferido grave nunha saída de vía en Ribadumia

    RIBADUMIA> Un accidente de moto deixou un ferido grave esta mañá en Ribadumia. O sinistro produciuse á mediodía e nel só se viu involucrada unha moto, unha r6, de 600 centímetro cúbicos, último modelo, pilotada por un veciño da Armenteira, Meis. Un accidente de circulación sorprendeu esta mediodía ós veciños de Ribadumia. Os feitos aconteceron contra a mediodía cando un veciño da Armenteira circulaba en moto por esta estrada, dirección a Meis. Ó parecer intentou adiantar ou esquivar ou tractor e perdeu o control da súa motocicleta de gran cilindrada, unha R6, de 600 centímetros cúbicos, último modelo e foi á bater contra a parede desta vivenda. O rapaz resultou ferido grave e a moto acabou completamente esnaquizada. Ó lugar do sinistro acudiron rapidamente ducias de persoas alertadas polo aparatoso dos restos que deixou á moto, ciscados a varios metros de distancia. Moita xente nova enterouse case ó instante por medio da rede social wassapp. Por mor do accidente, esta estrada xeral estivo cortada á circulación durante máis dunha hora e o tráfico tivo que ser desviado por pistas rurais para evitar retencións namentres se limpaba a calzada. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/15/moto.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/15/accidente_moto.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí