VILAGARCÍA> Continuando co entroido, este ano ven con cambios importantes nos disfraces, os habituais ninjas e piratas dan paso ós personaxes de videoxogos e de series de televisión como a casa de papel. A diversión está asegurada pero a choiva ameaza a maioría de festexos.
Atopámonos na semana do Entroido. Unhas datas de ilusión, fantasía e de moita diversión. As tendas de disfraces atópanse nunha época chave para as súas ventas. Os números este ano non son os dos mellores anos.
Os tempos cambian e os gustos polos disfraces tamén. Os máis tradicionais como os de pirata ou ninja dan paso agora as princesas de Disney ou os heroes de Marvel, os máis demandados nos últimos anos. Pero esta tempada os que triunfan son os de videoxogos como o fornite ou as series exitosas como a casa de papel.
Os novos competidores tamén inflúen para que as ventas baixen
As chuvias tamén serán protagonistas nestas datas. Vilagarcía terá que esperar ó domingo 17 para a súa tradicional cabalgata das carrozas.