EU esixe responsabilidades á promotora do garaxe co regato

    VILAGARCIA> Os habitantes do edificio situado no número 67 da Rúa Rodrigo de Mendoza, en Vilagarcía, reuníronse esta tarde con varios representantes…

    {flowplayer}images/salnes/proposta_eu_garaxe_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    … da agrupación local de Esquerda para valorar a proposta de solución á que chegaron o goberno municipal e Augas de Galicia, para desviar o regato que transcorre polo medio do seu garaxe. Polo de agora, piden axilidade para resolver este problema canto antes, pero máis adiante, reclamarán pola vía xudicial danos e prexuízos.

    Fajardo apuntou que as previsións indican que Ravella disporá no próximo orzamento dunha importante partida para solucionar á parte que lle toca neste problema.

    Eles esixen, que xunto cos cartos das reparacións, debería figurar outra cantidade destinada á depurar responsabilidades penais; e máis aínda cando desde o Concello se está a empregar este regato como recollida encuberta de augas pluviais e fecais. Mentres este asunto non se resolve, os veciños deste edificio seguirán soportando os moitos inconvintes que supón ter un regato no garaxe. Arestora, os veciños están pensando en emprender tamén accións legais pola súa conta, mesmo por medio da fiscalía anticorrupción ós máximos niveis posibles.

    Redacción Salnés