Meis estrea a súa renovada praza de abastos

MEIS> Visita da presidenta da Deputación de Pontevedra a Meis para supervisa-las últimas obras executadas no concello con fondos provinciais. Carmela Silva puxo en valor a calidade das actuacións, tanto no renovado acceso á praza do Mosteiro como na reforma da praza de abastos.

Era unha vella demanda dos veciños que agora xa é unha realidade. A reforma do acceso ao núcleo do Mosteiro suporá a fin das inundacións que sufría esta vía tódolos invernos.

Os traballos abrangueron un tramo de 250 metros. A parte máis próxima á praza intégrase nela, cunha plataforma de uso compartido con preferencia peonil. Unha actuación, que contou con fondos do Plan de Reequilibrio da Deputación, comprometida pola presidenta provincial nunha visita a Meis hai dous anos.

Ademais da mellora desta estrada, vense de actuar tamén no mercado de abastos. As obras permiten abrilo como espazo multiusos. Unha transformación, di Carmela Silva, sen precedentes.

A alcaldesa tamén aproveitou para agradece-lo esforzo da Deputación de Pontevedra con Meis. Marta Giráldez contrapón o apoio provincial ao da Xunta para 2022.

A reforma da estrada e do Mercado superon en total os 300.000 euros de investimento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí