O Liceo explotará as dársenas deportivas 2 e 3 do Porto de Vilagarcía

    liceo100_081008.jpgVILAGARCÍA > O proxecto do Liceo Casino para a explotación das dársenas deportivas 2 e 3 foi elixido polo Porto …

    {flowplayer}images/salnes/autoridadeportuaria_081008.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA > O proxecto do Liceo Casino para a explotación das dársenas deportivas 2 e 3 resultou finalmente o elexido polo Consello de Administración do Porto de Vilagarcía.

    O Presidente da Autoridade Portuaria argumentou esta tarde as razóns que os levaron a tomar esta decisión: é o proxecto con maior inversión, o que menos tempo de concesión pide, o que maior número de amarres ofrece, 514, e o que máis beneficios económicos traerá para o porto en forma de tasas, entre outras cousas. Isto tan só foi a elección do proxecto. Agora terá que ser sometido a exposición pública e presentarase un período de alegacións e tramitacións que se poderían extender durante tres meses ata que o Consello se volva a reunir para ratifica-la concesión.

    Noutra orde de cousas, o Consello aceptou a renuncia de Ros Casares para a colocación dunha planta de distribución do seu producto. Agora a empresa liberará a parcela concesionada e abonará as tasas, uns 140.000 euros. Aprobouse ademais a modificación das concesións a Cefrico, axudando á empresa a amplía-los seus obxectivos.

    Ademais, Gago puxo sobre a mesa os números que está a colleitar o Porto en canto a tráfico de mercancías se refire. Entre os máis destacables, que a factuarción total en agosto de 2008 foi un 10% maior a do mesmo período do ano anterior e que no que vai de ano, xa se superou nun 1,59% o tráfico de mercancías se rexistrou en todo o 2007.

    Redacción Salnés