NOIA > A concellería de seguridade cidadá de Noia dotará de bandas sonoras e pasos de peóns elevados a varios núcleos de poboación do termo municipal.
{flowplayer}barbanza/bandasrugosas.flv{/flowplayer}
Esta actuación vén atender a petición dos veciños destas zonas, que denunciaron en varias ocasións perante o concello a falta de civismo dos condutores que non respetan os límites de velocidade. Por tal motivo, dende a concellería de seguirade cidadá de Noia acordaron a instalación destes dispositivos de seguridade, tras realizar un estudio para determinar o emprazamento idóneo.
Así, no lugar de Barro e no Obre xa foron instaladas varias bandas rugosas e reduciuse o límite de velocidade ata trinta. Os operarios que realizan os traballos están á espera de que mellore a climatoloxía para colocar varios pasos de peóns elevados na praza de Barro e na zona de Labarta, a carón das pistas deportivas.
Próximas actuacións
Dende a concellería de seguridade cidadá de Noia non descartan realizar estudios posteriores para realizar actuacións similares noutros núcleos do termo municipal onde existan a mesma problemática.
Redacción Barbanza