Cambados presenta a súa nova progamación cultura centrada nos máis cativos

CAMBADOS> O concello de Cambados presenta a programación cultural da vila para os meses de setembro e outubro. Dende a concellería de cultura presentan diversos actos como cine, teatro, espectáculos infantís e concertos. A gran novidade, son as primeiras xornadas de cultura marítima.

A nova normalidade obriga aos concellos a organizar as súas actividades culturais a curto prazo para adaptarse as normas sanitarias. No caso de Cambados, a súa programación cuadrimestral pasa a ser bimestral, e dende a concellería de cultura presentaron o programa para os meses de setembro e outubro.

A maioría dos espectáculos celebraranse no Pazo Torrado, segundo o concello, a localización máis segura para controlar o cumprimento das medidas sanitarias. En Fefiñáns terá lugar o concerto de María do Ceo.

Outra das exposicións destacadas será a de Francisco Leiro no Pazo de Torrado. Pero a gran novidade son as primeiras xornadas de cultura marítima de Cambados.

Todos os espectáculos teñen límite de ocupación, pero só é necesario facer reserva previa nas obras de teatro.

Dende o concello destacan a importancia de non deter a cultura, especialmente para os máis pequenos, un dos colectivos que máis sufriu pola pandemia. Aseguran que mentres as medidas o permitan, Cambados continuará coas actividades culturais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí