![]()
PORTO DO SON> O club náutico de Portosín acolleu o acto de entrega das Bandeiras Azuis 2011, presidido por Alberto Núñez Feijoó.
Galicia é neste 2011 a comunidade con máis Bandeiras Azuis de toda España, o acadar cento trinta destes distintivos, dos que cento dezasete son de praias e trece de portos deportivos. O concello de Sanxenxo segue a ser o municipio con máis bandeiras azuis, doce nas praias, e unha no porto deportivo Juan Carlos I e por primeira vez consegue un detes distintivos para o porto deportivo de Portonovo.
{flowplayer}barbanza/entregabandeirasazuis.flv{/flowplayer}
Na comarca do Salnés repiten galardón medioambiental seis areais no concello de O Grove, dous en A Illa e outros dous en Poio así como os portos deportivos de Pedras Negras e o de Vilanova de Arousa.
Dous bandeiras para Muros
As comarcas da Barbanza e Muros-Noia lucirán máis bandeiras que o pasado ano porque malia que perden o distintivo as praias da Barca, na Pobra, o da Amexeida en Ribeira, conségueno os areais de Boca do Río e Mar de Lira en Carnota, San Francisco en Muros, As Furnas e Ornanda en Porto do Son e Barraña en Boiro. Ademais o náutico de Ribeira e a Axencia Local de Sostibilidade de Muros acadan este insignia por primeira vez.
Referente turístico
O presidente da Xunta de Galicia subliñou que Galicia é de novo unha das costas máis atractivas de Europa, o que lle permite ser un referente turístico, ambiental e da natureza.
O titular do Executivo galego recoñeceu que o reparto de bandeiras azuis está por riba dos signos políticos porque consolida a marca Galicia en todos os recunchos do mundo.
Redacción Barbanza









