12 familias desaloxadas por un incendio en Vilanova

    VILANOVA > Un incendio fixo que os habitantes das doce vivendas dun edificio de Vilanova tivesen que desaloxar as súas casas esta madrugada. Todo apunta a que o ….

    … lume, que comezou á unha e media da mañá, foi orixinado por un curtocircuíto nun microondas. Ningún dos afectados sufriu danos físicos, aínda que a inquilina do inmoble no que comezou o incendio foi atendida tras sufrir unha crise nerviosa.

    As 12 familias que viven neste edificio de Vilanova desaloxaron elas mesmas os seus pisos como precaución ante o incendio. O lume orixinouse na cociña dunhas das vivendas do entrechán do inmoble. A súa inquilina, unha moza de 30 anos que vive coa súa filla de 4, foi a que alertou ós veciños, que estaban a durmir nese intre, xa que o lume tivo lugar pouco despois da unha da madrugada.

    O incendio afectoulle tamén a varias das vivendas do inmoble, o número 33 da rúa González Besada de Vilanova. A súa causa parece ser un curtocircuíto orixinado no microondas da cociña. Foron precisas dúas dotacións dos Bombeiros do Salnés para apagalo lume que, afortunadamente, só causou danos materiais. Ningún dos veciños do edificio sufriu intoxicación por inhalación de fume, e só a inquilina do piso no que se orixinou o incendio foi ingresada no Hospital do Salnés por unha crise nerviosa, da que xa foi dada de alta.

    Redacción Salnés