O concello de Poio pon en marcha unha Escola de Pais

    escola_paiscopy.jpgPOIO> Este xoves ás oito e media arrancará a primeira das charlas que se impartirá no IES de Poio. Aínda hai prazas dispoñibles.

    {flowplayer}images/salnes/ESCOLA_PAIS_POIO.flv{/flowplayer}

    Este xoves ás oito e media da tarde impartirase a primeira das charlas da Escola de Pais que o concello de Poio acaba de pór en marcha. Un total de dez sesións, unha cada semana, configurarán esta iniciativa.

    O fracaso escolar, a sexualidade, a seguridade vial ou as novas tecnoloxías son algunhas das temáticas que se tratarán nestas charlas. Diferentes asociacións e colectivos da comarca colaborarán en cada unha delas. A primeira abordará os hábitos saudables na alimentación. O obxectivo final é, segundo o alcalde, Luciano Sobral, a través de ir educando ós pais, formar pequenos cidadáns.

    Ata o de agora xa están inscritos 82 pais aínda que, desde a organización, agardan chegar ó centenar. Por iso, desde o concello amosaron a súa satisfacción ante estes resultados.

    Os que estean interesados aínda se poden anotar no concello de Poio ou nos diferentes centros educativos do municipio.

    Redacción Salnés