Sanidade propón situar o novo hospital no Monte Carrasco

    terreosnovohospitalpontevedra100.jpgPONTEVEDRA> A conselleira de Sanidade propuxo esta mañá ó alcalde a construción do novo hospital no Monte Carrasco, en Marcón.

    {flowplayer}images/salnes/novo_hospital_pontevedra.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, propuxo esta mañá ó alcalde de Pontevedra a construción do novo hospital no Monte Carrasco, na parroquia de Marcón.

    Trátase, segundo a Xunta, de 20 hectáreas moi próximas ó núcleo urbano e con bos accesos. Destaca Sanidade que a topografía da zona é apropiada para o uso previsto e que se pode dotar facilmente de servizos urbanísticos necesarios. A conexión definitiva realizarase desde a estrada de Ourense, a PO-542, e o terreo queda a 300 metros de distancia. A maior parte da parcela é da Comunidade de Montes de Marcón e a outra parte é de propietarios particulares.

    Para o Concello non é a mellor situación. O goberno local de Pontevedra cre que o proxecto de Sanidade inda está moi verde. Pero, a lo menos, nesta reunión quedoulles claro que a Xunta quere manter Montecelo e que o novo hospital substituiría ó Provincial. A Xunta insiste que rematará o novo hospital no mesmo tempo que levaría facer a ampliación de Montecelo. Pero o goberno local é pesimista.

    Pese a non vir moi convencidos da xuntanza con Sanidade, os responsables municipais afirman que o Concello vai colaborar.

    Redacción Salnés