Rianxo recupera o Torneo Internacional de Xadrez

RIANXO> A cita será mañá sábado, no pavillón municipal, organizada polo Club Xadrez Rianxo.

Rianxo recupera o Torneo Internacional de Xadrez, despois da cancelación da edición do ano pasado a consecuencia da pandemia. A competición, xa un referente a nivel galego, chega este ano a súa duodécima edición. Desenvolverase mañá sábado, no pavillón municipal a partir das dez e media, sen presenza de público e baixo a modalidade de partidas rápidas a nove roldas.

No torneo tomarán parte uns 150 xadrecistas, coa presenza de varios Grandes Mestres e Mestres Internacionais.

O Torneo conta co patrocinio do Concello. Dende o executivo destacaron a labor do Club Xadrez Rianxo e o feito de poder retomar esta competición do máximo nivel deportivo.

Dende a organización quixeron agradecer tamén ás empresas e casas comerciais que colaboran  co torneo no que haberá uns 2.500€ en premios a repartir entre os gañadores da categoría absoluta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí