BARBANZA> O orzamento da Deputación da Coruña para o vindeiro ano 2021 ascende a preto dos 185 millóns de euros. O documento presupostario foi presentado na sede do organismo provincial polo seu presidente, Valentín González Formoso. Destaca a partida destinada a gasto social que se verá incrementada de cara ó vindeiro ano nun 137% para paliar na medida do posible a crise derivada da covid.
O presidente, Valentín González Formoso, xunto co vicepresidente, Xosé Regueira, e o deputado responsable da área de Economía e Facenda, Antonio Leira, foron os encargados de debullar o orzamento do organismo provincial previsto para o vindeiro ano 2021. O presuposto ascende a preto dos 185 millóns de euros, o que supón un 0,26% máis que o do presente exercicio. Boa parte dese aumento irá destinado a gasto social co fin de afianzar a reactivación social e económica na provincia moi afectada pola covid.
Un feito que tamén destacaron o Vicepresidente, Xosé Regueira, e o deputado responsable da área de Economía e Facenda, Antonio Leira. Segundo eles o documento orzamentario do vindeiro ano virá a afianzar aínda máis o compromiso da Deputación cos concellos da provincia nun momento difícil como o actual, cunha gran crise derivada da pandemia.
Pero a social non será a única partida que se verá incrementada, destacada tamén a aposta polo creación de emprego e o a destinada a outros sectores prexudicados pola pandemia como están a ser a Cultura e o Deporte.
O documento orzamentario será levado este venres a pleno para a súa aprobación inicial.