O pósito rianxeiro volverá a someter a votación o sistema de reparto xa anulado por Pesca

    mariscadorasrianxo_100_161008.jpgRIANXO > Un grupo de mariscadoras denuncia o incumprimento dunha orde ditada por Pesca que anulaba o actual sistema de reparto das ganancias.

    {flowplayer}barbanza/mariscadorasrianxo.flv{/flowplayer}

    O enfado dun grupo de mariscadoras disconformes co actual xestión da xunta directiva do pósito rianxeiro é máis que evidente. A súa queixa responde fundamentalmente á intención do patrón maior de someter de novo a votación o sistema de venda a empregar polo colectivo de mariscadoras a pé no próximo Plan de Explotación. Temen de que volva a saír o reparto igualitario das ganancias, coñecido coma monte maior. Un método que a propia Consellería de Pesca calificiou de ilegal.

    Sistema anulado

    Segundo elas dende a propia confraría non se está a dar ningún tipo de información ó respecto, descoñecendo moitas mariscadoras de que o sistema monte maior xa fora anulado por Pesca o pasado mes de maio.

    Este grupo de mariscadoras considera que o reparto igualitario das ganancias non é o máis axeitado, xa que beneficia a aquelas mariscadoras que menos traballan.

    Redacción Barbanza