A alta demanda de percebe para Fin de Ano eleva a súa cotización

RIBEIRA> A lonxa de Aguiño acolleua última subhasta de percebe do ano. Este marisco, un dos máis demandados en fin de ano, mantivo un prezo medio de corenta euros durante a campaña do Nadal. Bo balance da campaña de Nadal do percebe que na semana de Noiteboa acadou un prezo máximo de cento sesenta euros. Nesta semana, os temporais fixeron que non se puidera coller tanto nin de tan boa calidade pero aínda así o prezo medio situase en torno ós corenta euros. Prezos á alza favorecidos polo desabastecemento do mercado nestas datas nas que o percebe se converte nun dos produtos máis demandados. A confraría de Aguiño pecha así un año bo grazas a especies como a navalla e o ourizos con excepcionais resultados que levantaron o balance do percebe, máis frouxo que en campañas anteriores.