Indignación entre os mariñeiros de Ribeira por unha nova vaga de roubos

RIBEIRA> Non é un problema novo. É algo que se repite sistematicamente en diferentes épocas do ano.

Nos últimos días varias embarcacións atracadas no peirao foron obxectivo dos cacos. Na maioría dos casos os ladróns subtraen elementos básicos nos barcos como son sonars ou plotters, aparellos imprescindibles para o seu traballo diario, e que supoñen un duro golpe para as súas xa maltreitas economías.

Dende a Confraría piden maior control a Portos, como ente responsable da seguridade no peirao, para que incremente a vixilancia.

Ó parecer o ente autonómico estuda a posibilidade de instalar un dispositivo de acceso mediante tarxetas ós pantaláns, un sistema que tampouco convence demasiado ós profesionais.