José Manuel Pombar adxudícase a Regata de Outono

regata_outono250_211008.jpgVILAGARCÍA > O Viajes Atlántico de José Manuel Pombar adxudicouse a Regata de Outono – Trofeo Caixa Galicia se celebrou esta fin de semana en Vilagarcía. A proba serviu de peche da segunda Semana Galega Profesional e Amateur de Vela. Mararousa despídese así ata 2009 despois de tres intensos fins de semana con moito sabor a mar.

O fin da festa da vela Mararousa púxoo esta fin de semana en Vilagarcía a Regata de Outono – Trofeo Caixa Galicia, unha cita para os cruceiro disputada nunha soa xornada. O vento do noroeste, con 12 nós de intensidade, propiciou unha saída puntual á proba costeira, con percorridos entre as balizas do Seixo, a Aurora, Vilaxoán e o porto de Vilagarcía.

Tras dúas horas de trazado e 12 millas de lonxitude, o primeiro en atravesar a liña foi o Corsario, de Jorge Ducai, inda que gañou en compensado o Ziralla Primero, de Ángel Sabuz, na división dos Regata. Segundo foi finalmente o Corsario, e terceiro o Findlay, de José María Lois.

Na categoría Cruceiro-Regata, o gañador da copa Caixa Galicia foi o Viajes Atlántico, de José Manuel Pombar, segundo o Santanas, de José Manuel Millán, sendo terceiro o Andarivel, de Ricardo Valdés.

Nos Cruceiro, o podio ocupárono o Sete, de Tomás López, o Fixus, de Miguel Pérez-La Fuente, e o Sarndrea, de Manuel Andrés Vázquez. En canto á xeral, o Viajes Atlántico de José Manuel Pombar foi o vencedor absoluto.

Redacción Salnés