Boiro acolle esta fin de semana o Campionato Galego por Equipos de Optimist

BOIRO> A proba, organizada pola Real Federación Galega de Vela en colaboración coa recén creada Escola Náutico Deportiva de Boiro, contará coa participación duns trece equipos chegados dende diferentes clubs de toda Galicia.

Boiro, e máis concretamente as instalacións do Náutico Cabo de Cruz, será esta vindeira fin de semana epicentro da vela galega coa disputa do Campionato Galego de Optimist, unha das citas máis importantes do calendario autonómico, ó ser a modalidade de vela lixeira con maior número de licenzas federativas.

A proba, organizada pola Real Federación Galega de Vela en colaboración coa recén creada Escola Náutico Deportiva de Boiro, contará coa participación duns trece equipos.

A designación de Boiro por parte da Real Federación Galega de Vela como sede deste Campionato foi recibida con gran satisfacción tanto polos responsables do Club Náutico Boiro como pola súa Escola Náutico Deportiva.

A proba conta tamén coa colaboración do Concello e a empresa Jealsa, que co seu apoio e financiamento fan posible o fomento da vela entre os máis novos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí