O ‘Supimpa’ e o ‘Fanfarrón’ vencen no Campionato de Snipe

plantilla_deportessnipe.jpgVILAGARCÍA>  O SUPIMPA, do Club Náutico de Vigo, logrou a vitoria no nacional Máster. Mentres, O FANFARRÓN, do Náutico de Madrid, revalidou o seu título en categoría Júnior.

{flowplayer}images/salnes/CAMPIONATO_SNIPE.flv{/flowplayer}

Nas regatas deste Campionato de España participaron máis de medio centenar de embarcacións, procedentes de distintas comunidades autónomas como Madrid, Cataluña, Andalucía, Valencia e, por suposto Galicia. Todas elas realizaron unha competidísimas regatas, a pesar das diferentes condicións climatolóxicas que se deron nas distintas etapas. O venres, a gran forza do vento, que superaba os vinte nudos, obrigou a suspender a regata. Pese a esta continua variedade do estado de ánimo de Eolo, o nacional organizado polo Real Club de Regatas foi todo un éxito.

Na clase senior, resultou gañadora a embarcación SUPIMPA, do Real Club Náutico de Vigo, e tripulada polo vilagarcián Julio Rasilla e José Filgueira. Na clase Júnior, venceu a embarcación Fanfarrón, do Náutico de Madrid, tripulada por Adrián Dupu e Maite López, actuais campións de España. Ambos, manifestaron a súa satisfacción polo desenvolvemento da competición e considerando a Ría de Arousa, excepcional para este tipo de embarcacións. Entre as tripulacións masculinas, resultou gañadora na clase máster Cuando el club era… do Real Club Náutico de Santander, e tripulada por Chiqui García e Guillermo Ames.

A entrega de premios realizouse na praza da peixería. Entre as autoridades presentes, o vicepresidente da Deputación, Jose Juan Durán, o presidente da Autoridade Portuaria, Javier Puertas, o do Liceo Casino, Alfonso Saavedrea, e o do Real Club de Regatas Pedro Piñeiro.

Redacción Salnés