Gallego presenta a Lei de Pesca no Parlamento co apoio dos bateeiros

    leipesca_100.jpgSANTIAGO > A Lei de Pesca chegou onte ó Parlamento Galego para o seu debate. O proxecto da normativa, aprobado no pasado mes de xullo, foi presentado pola …

    … Conselleira de Pesca, Carmen Gallego, coma un texto que asume tódalas leis dispersas e fragmentadas que ata o de agora regulaban o sector. A nova Lei de Pesca fragméntase en 14 títulos que regulan as medidas de conservación e xestión dos recursos, a regulación da pesca marítima profesional, o marisqueo, a acuicultura mariña, a frota pesqueira galega, as organizacións do sector e a transformación, promoción e comercialización dos produtos do marítimos.

    Para o PPdeG este documento segue sen buscar o consenso entre tódalas partes implicadas, contra as que di, se sacou adiante o proxecto da lei. O Partido Popular tamén lle reprocha á lei a notable ausencia dun servizo de gardacostas, que non soluciona o problema da pesca ilegal e o desprezo, que segundo o grupo conservador, fai ás confrarías. Dende o BNG Bieito Lobeira volveu a insistir no lastre que supuxeron as leis anteriores, ás que lle acusa a redución, de case un 40 por cento, da flota galega.

    A nova Lei de Pesca inclúe varias novidades respecto a normativa anterior, entre elas unha das máis polémicas, é a que fai mención a concesión das bateas. Segundo o texto, a licenza para a súa explotación terá un período máximo de dez anos, que poderá ser prorrogado por períodos de igual duración por un máximo de trinta anos. A concesión destas licencias farase mediante un concurso público , e a pesar das críticas do PP que asegura que deixa a porta aberta á incautación de bateas, os bateeiros insisten en que a normativa foi pactada co seu sector.

    A figura da licenza de pesca profesional cunha duración indefinida, a Axencia de Desenvolvemento Sustentable das Zonas de Pesca e Turismo Mariñeiro ou a figura das areas mariñas protexidas son outros das novidades que inclúe a nova Lei.

    Redacción Salnés