Cambados reúne ó mellor do automobilismo galego

    CAMBADOS > A Federación Galega de Automobilismo presentou en Cambados a súa última adquisición, un autobús dotado da última tecnoloxía que percorrerá tódalas competicións que se realicen ó longo da tempada. Deste modo, os pilotos e escuderías poderán estar actualizada no mesmo momento da proba.

    O autobús presentado é unha oficina rodante con tódalas comodidades, dende fotocopiadoras a material informático e de telefonía, ademais de contar cunha sala de reunión para antes de disputarse cada proba. Cambados acollía a presentación deste autobús e ó mesmo tempo os afeccionados ó mundo do motor puideron disfrutar dalgúns dos modelos que participan nas distintas probas do campionato galego. Déronse cita dende os pilotos máis veteranos ata as xóvenes promesas do automobilismo galego, para dar constancia do evidente auxe deste deporte en tódalas súas especialidades. O autobús presentado daba comezo á festa do motor, na que se deixou clara evidencia de que se trata dun deporte con moito futuro e na que se reivindicou un circuíto galego. Na gala posterior foron premiados varios veciños do Salnés, caso dos ribadumienses Jaime Castro ou Celestino Iglesias. O rally do Albariño xa contará co autobús presentado para mellorar a organización da tempada. 

    Redacción Salnés