O vindeiro luns ábrese a mesa de negociacións de MARSAC na Xunta

    O GROVE >Continúan as manifestacións das traballadoras da empresa Afageme as portas das instalacións de O Grove. Hoxe as delegadas sindicais nos comunicaban que o vindeiro luns as doce do mediodía reuniranse xunto co concello, e a empresa,  coas diferentes Consellererías en Santiago. Ata entón continuaran en pé de guerra.

    Despois de dúas semanas en pé de guerra as traballadoras de Marsac en O Grove continúan manifestándose as portas da empresa e vixiando que non entre nin saia  ningún camión para desmantelar as instalacións mecas. Aínda que a paciencia comeza a quebrarse as empregadas xa teñen  unha data para reunirse na Xunta de Galicia. Será o vindeiro luns as doce do mediodía cando comence a mesa de negociacións con todas as partes implicadas. 

     

    As traballadoras quéixanse do trato da empresa. Esta mañá a dirección lle comunicaba a presidenta sindical a convocatoria da reunión que se manterá en Santiago cunha actitude moi hostil. Na tarde de onte un camión puido saír da empresa cargado de mercancía aínda que non deixaran pasar ningún máis ata que non se celebre a mesa de negociacións.

    Redacción Salnés