PP e VIPS rexeitan a comisión de investigación pedida pola oposición

    pleno_sanxenxo300112100.jpgSANXENXO> A oposición de Sanxenxo reclamou onte en pleno a creación dunha comisión de investigación, á vista de sentencias

    {flowplayer}images/salnes/pleno_sanxenxo_300112.flv{/flowplayer}

    SANXENXO> A oposición de Sanxenxo reclamou onte en pleno a creación dunha comisión de investigación, á vista de sentencias desfavorables á xestión urbanística local como o caso de Monte Faro. Para eles, unha pequena mostra do que está por vir.

    Pero o equipo de goberno rexeitou esta comisión ó entender que á petición da oposición lle falta concreción. Un argumento que tamén compartiu o edil de VIPS, José Luís Rodríguez. O BNG intentou, en vano, que se sumase á petición da oposición.

    Desde SAL ofrecéronse a redactar de novo a moción, o BNG falou de elevar a petición ó Parlamento e o PSOE de presentar toda a documentación á Fiscalía. Unha medida esta última que aplaudiu a alcaldesa.

    O equipo de goberno xustificou o seu rexeitamento á comisión dicindo tamén que non se vai paralizar a xestión do Concello para facer esta investigación e tamén que a oposición que xa ten acceso a toda a documentación.

    Redacción Salnés