O concello de Boiro quere poñer en valor os Castros de Neixón

    proxectoneixon_100_211008.jpgBOIRO > Xa solicitou a colaboración da Demarcación de Costas que se comprometeu a acomete-lo acondicionamento do bordo litoral da península.

    Na recente visita ó concello de Boiro do Xefe da Demarcación de Costas en Galicia, Rafael Eimil os responsables municipais plantexáronlle a necesidade de acometer a recuperación do bordo litoral da península de Neixón.

    Recuperación de calas

    A actuación, presupostada en 190 mil euros, contemplaría a recuperación de dúas calas con dotación de áridos, mellora dos accesos, construción de sendas, reforzo e a sinalización e posta en valor dos restos arqueolóxicos.

    {flowplayer}barbanza/proxectoneixon.flv{/flowplayer}

    Rafael Eimil acolleu a proposta de moi bo grao e comrpometeuse a colaborar polo que o concello presentará o proxecto proximamente ante o departamento estatal.

    Ampliación do Centro Arqueolóxico

    Esta actuación veriase complementada co anteproxecto que o concello remitiu ó Ministero de Cultura para acometer a ampliación do centro arqueolóxico coa dotación dunha sala de conferencias e un museo. Esta actuación foi comprometida polo ministro de Cultura durante a súa visita a Boiro o pasado ano cando tivo ocasión de coñecer as instalacións do centro arqueolóxico.

    Dende o concello agardan que os dous departamentos da administración central contribúan asufragar sendas actuacións co fin de poñer en valor un dos xacementos arqueolóxicos máis importantes de toda Galicia.

     

    Redacción Barbanza