![]()
VILAGARCÍA > Vilagarcía quedará servida en canto a infraestruturas viarias no prazo dun ano. Esta é a lectura que fai dos presupostos …
{flowplayer}images/salnes/psoe_231008.flv{/flowplayer}
VILAGARCÍA > Vilagarcía quedará servida en canto a infraestruturas viarias no prazo dun ano. Esta é a lectura que fai dos presupostos da Xunta para 2009 Modesto Pose, secretario provincial do PSOE e deputado autonómico.
O Goberno galego recolle case 4 millóns de euros para rematar a variante, 676 mil euros para finalizar a conexión da vía rápida co novo acceso ó porto e ademais recolle uns 9 millóns de euros para a execución da autovía Vilagarcía – Pontevedra. Pero a parte de obras con nome e apelidos, Modesto Pose quixo deixar claro que hai outras partidas xenéricas en Educación, Promoción de Emprego ou Servizos Sociais dos que tamén se beneficiará a comarca do Salnés.
O secretario provincial do PSOE destacou a austeridade e o rigor cos que o goberno galego deseñou estas contas. Nelas recóllense partidas para avais, microcréditos e fomento do emprego para reactivar á pequena e mediana empresa, para obra pública e para investimento en educación e investigación, ademais de continuar a aposta polos servizos sociais. En total, as contas ascenden a 11.700 millóns de euros.
Redacción Salnés








