Arranca o verán nas Rías Baixas con boas expectativas no sector turístico

SANXENXO> Esta tarde comezou o verán. Fíxoo con sol aínda que por poucas horas: esta fin de semana dan chuvias. Con todo, A AEMET augura que temos por diante un verán máis cálido do habitual e con precipitacións normais para esta época do ano. Na nosa contorna, os concellos prepáranse para o desembarco de turistas. En Sanxenxo, os areais xa están a pleno rendemento. Na localidade terá lugar o vindeiro luns a entrega de bandeiras azuis, acto ó que asistirá o presidente da Xunta.

Cinco minutos antes das 6 da tarde entrou o verán. Despois dunha primavera moi cálida, os expertos din que a tempada estival será tamén máis calorosa do habitual. En canto as chuvias, a AEMET agarda unha cantidade de precipitacións normal para a época do ano.

Hoxe, en Sanxenxo, os primeiros turistas da tempada tomaban xa o sol en Silgar. Eles son os primeiros en chegar a un dos puntos neurálxicos do verán galego. A localidade di estar preparada para o desembarco masivo de turistas, co dispositivo de seguridade a punto, as rúas limpas e, sobre todo, os areais preparados.

Un das polémicas que se repite cada verán en Sanxenxo é o dos horarios dos establecementos hosteleiros. Dende o Concello cren que é posible compatibiliza-la xoldra duns co descanso doutros, pero advirten: van facer cumprir de xeito escrupuloso a normativa vixente.

Un ano máis Sanxenxo é a localidade de España que máis bandeiras azuis. Terá un total de 14. O vindeiro luns terá lugar o acto oficial de entrega desas insignias, da man do presidente da Xunta. Nel van participar os rexederes de todas as localidades galegas que se fixeron con algún deses distintivos.