Vilanova fala francés durante catro días grazas a Francofonía

    Durante estes días nas rúas de Vilanova o idioma máis escoitado é o francés. Mil douscentos alumnos desta lingua, de doce institutos galegos, conviven durante catro días no municipio grazas ó encontro Francofonía. Hoxe celebraron o día grande co Festival da Canción Francesa. Eles son só sete dos 1.2000 estudantes de francés, de institutos de toda Galicia, que durante catro días están vivindo en Vilanova “Francofonía”. Un encontro estudantil que busca, ademais de mergullarse na cultura francesa, perfeccionar o idioma, descubrir o municipio arousán e fomentar o vínculo entre o alumnado dos 12 centros que participan. Pero hoxe, o importante, era dar o cante, e estes rapaces o fixeron así de ben. Algúns dos rapaces levan anos acudindo a estas xornadas que cada temporada organiza o IES Basella de Vilanova, e así, créanse grandes lazos de amizade. O alcalde vilanovés, Gonzalo Durán, que confesou revivir a súa xuventude durante estes días cos rapaces visitantes, subliñou a relevancia de dar a coñecer a vila entre familias de toda Galicia . Mañá será o día de analizar e prensa francesa, e o xoves, último día da Francofonía, será a xornada gastronómica, con degustacións da cociña máis tradicional do país galo .