![]()
POBRA> As voceiras de BNG e PSOE seguirán a traballar dende a oposición para marcar a liña política do concello e fiscalizar o goberno de Maceiras.
{flowplayer}barbanza/bngpsoepobra.flv{/flowplayer}
Trala celebración de senllas asembleas, BNG e PSOE, ratificaron o apoio ás súas candidatas que seguirán á fronte dos grupos municipais na oposición.
No caso dos nacionalistas, Rosana Pérez amósase con ganas e forza para seguir á fronte dun equipo que aportárá iniciativas municipais que convertan á Pobra nun concello mellor ó tempo que fiscalizarán as decisións do goberno municipal.
En canto á socialista Teresa García quedará como única representante do seu grupo na corporación, debido ó descenso global de concelleiros pola baixada de poboación. A pesar de que a valoración dos resultados é negativa, a candidata continuará no cargo por decisión unánime dos militantes.
Trala constitución da corporación, a agrupación socialista elaborará un plan de traballo para a lexislatura que teñen por diante. Lexislatura que tanto BNG como PSOE afrontan co compromiso de mellorar a calidade de vida dos veciños cun arduo traballo dende a oposición.
Redacción Barbanza









