Política Territorial presenta o trazado definitivo da PO-531

    po531_100_231008.jpgPONTEVEDRA > Política Territorial presentou esta mañá o proxecto definitivo da PO-531. Fíxoo primeiro cos veciños en Santiago, …

    {flowplayer}images/salnes/PO531.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA > Política Territorial presentou esta mañá o proxecto definitivo da PO-531. Fíxoo primeiro cos veciños en Santiago, e despois na Delegación de Pontevedra, cos medios de comunicación. O proxecto contempla a construción de beirarrúas, pasos de peóns e rotondas.

    Política Territorial asegura estar velando polo interese xeral da cidadanía con este proxecto de trazado. Nel, conxúgase a adaptación da estrada ás necesidades do tráfico rodado, coa mellora da seguridade viaria da poboación dos núcleos afectados. O proxecto recolle ademais, as peticións realizadas dende as distintas asociacións veciñais.

    Darase un tratamento de travesía urbana aos núcleos de Campañó, A Devesa e Curro. O resto da estrada terá dous carrís por sentido e vías de servizo para o tráfico pesado O proxecto recolle as alegacións formuladas polos veciños, cos obxectivos de minimizar as afeccións, compatibilizar os usos residencias e comerciais co tráfico e mellorar as condicións de uso e seguridade viaria da estrada. Agora só cinco casas están afectadas.

    Vintecinco mil vehículos circulan por esta vía, cada día. O ano pasado houbo douscentos vintedous sinistros, con sete falecidos e cento dez feridos graves.

    Redacción Salnés