Congalsa completa a súa transformación nunha fábrica intelixente e sostible

A POBRA> A directora da Axencia Galega de Innovación desprazouse ata a Pobra para coñecer os resultados do proxecto Congalsa 4.0. A firma líder no sector do alimentación dixitalizou tódolos seus procesos produtivos incrementando a súa competitividade e eficacia.

Congalsa pode presumir de ser unha fábrica intelixente. O proxecto Congalsa 4.0 permitiu dixitalizar tódolos procesos produtivos da empresa mediante a aplicación da máis vangardista tecnoloxía que repercutiu non só na calidade senón tamén no incremento dos postos de traballo.

Este proceso de transición realizouse da man Do centro tecnolóxico de telecomunicacións de Galicia Gradiant, encargado de implementar as tecnoloxías dixitais para situar á cabeza a compañçíoa do sector.

Ademais da iniciativa privada, a transformación dixital de Congalsa foi posible grazas á Axencia Galega de Innovación no marco do programa Fábrica Intelixente e Sostible.

A próxima semana publicarse no DOG a convocatoria da quinta edición deste programa, dotada con 24 millóns de euros.