Xa están en marcha as obras do Porto do Xufre, e antes de ano tamén o estarán as da estrada de aceso

    A ILLA  > O Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, puxo esta mañá a primeira pedra das obras de ampliación do porto do Xufre. Un acto simbólico nunha

    … infraestrutura demandada hai xa unha década na Illa de Arousa e que ten coma obxectivo axudar a unha actividade económica estratéxica no Concello e en toda a Ría, a produción e extracción do mexillón. Para isto construirase unha nova rampla de descarga , que se une ás dúas existentes, crearase unha explanada, na que estarán os embarcadoiros, e levarase a cabo unha dragaxe.

    Pero ademais a actuación tamén inclúe a creación dun espazo para a náutica deportiva a través dunha nova dársena abrigada exterior á existente. Estes traballos tardarán un ano e medio en facerse e contan cun orzamento de case 3 millóns e medio de euros. Unha inversión á que hai que engadir os 17 millóns de euros destinados á remodelación da ponte da Illa de Arousa e á creación da estrada que unirá esta infraestrutura co porto. T

    anto as obras da remodelación da ponte da Illa de Arousa, coma da estrada que comunique o Xufre co porto, poderán comezar a construírse segundo a Xunta antes de que finalice este ano. No caso da creación do vial isto será posible grazas a decisión que ven de tomar o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de arquivar a causa da sentencia xudicial presentada por uns veciños afectados, e que retrasara ata o de agora a posta en marcha da estrada.

    O Presidente da Xunta tamén lembrou esta mañá na Illa de Arousa todas as infraestruturas que o goberno galego está a levar a cabo na comarca do Salnés. En cifras, Touriño fixo fincapé en que isto se traduce en 275 millóns de euros en inversións en estradas, coma a xa rematada Autovía do Salnés, a circunvalación de Vilagarcía, o aceso ó porto vilagarciá a través da AP-9 ou a futura autovía que comunicará este Concello con Pontevedra. A isto hai que engadirlle, dixo Touriño, o investimento que se está a facer en infraestruturas de saneamento e na creación de chan industrial, o que eleva a cifra ata os 390 millóns de euros.

    Redacción Salnés