A Asociación Ruta do Viño Rías Baixas aproba os seus estatutos

    ruta_vino100_271008.jpgCAMBADOS > A Asociación Ruta do Viño Rías Baixas aprobou hoxe en Cambados os seus estatutos e a xunta directiva, que estará formada, …

    {flowplayer}images/salnes/ruta.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS > A Asociación Ruta do Viño Rías Baixas aprobou hoxe en Cambados os seus estatutos e a xunta directiva, que estará formada, en principio por oito membros. Entre eles está o presidente do Consello Regulador desta denominación de orixe, un representante do Padroado de Turismo Rías Baixas, dous de Concellos, dous de adegas e outros dous do sector de ocio e restauración.

    A asociación está integrada de momento por 49 firmas e 8 concellos da comarca do Salnés, e o obxectivo é ampliar a ruta a todo o ámbito da denominación de orixe Rías Baixas. A entidade xa recibiu peticións de Salvaterra, As Neves, A Guarda, O Rosal e Vedra para pasar a formar parte da agrupación. Para iso han de seguir unha serie de requisitos. A Asociación toma así o relevo da Fundación Comarcal do Salnés para xestionar a ruta do viño Rías Baixas.

    Redacción Salnés