VILAGARCÍA> Oito propostas para a oitava cidade de Galicia. Esta é a esencia do programa que o alcalde de Vilagarcía e candidato popular defende para as eleccións do 24 de maio. Tomás Fole aposta por unha vila próxima, activa, sostible e estable, e asegura que a súa candidatura ven avalada por estes catro anos de goberno.
Tomás Fole presentou esta mañá pinceladas dos oito piares do seu programa. O candidato do PP quere que Vilagarcía sexa unha cidade próxima, sostible, amable, en forma, activa, moderna, integrada e verde.
Segundo Fole, todas son propostas transversais, pero especialmente importante é a sostibilidade. Destacou o peso da economía no seu programa que, asegurou, ven avalado polos catro anos de goberno.
O candidato popular tamén anunciou que recorrerán á xunta electoral pola campaña que está a facer o Partido Socialista. Fole sospeita de que non están a cumprir os límites establecidos.
Un novo plan para a recollida de residuos orgánicos, arranxar as zonas peonís, axudar á conciliación familiar e potenciar Vilagarcía como punto estratéxico en Galicia, son algunhas das liñas presentadas polo popular.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/12/almorzo_pp_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/12/almorzo_pp_vilagarcia.mp4{/flowplayer}