VILAGARCÍA> Segundo a Policía Nacional foron dúas persoas diferentes pero que estaban organizadas. O botín ascende a case 3.000 euros.
{flowplayer}images/salnes/ATRACO_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}
A vaga de roubos na capital arousá semella que continúa. Onte pola tarde dous novos establecementos de Vilagarcía sufriron saqueos nos seus negocios. O primeiro produciuse pouco antes das oito da noite no pub Gael, situado na rúa da Mariña.
Ó parecer un individuo, de entre 27 e 30 anos, co rostro tapado atracou a punta de pistola á propietario do bar. Segundo fontes da Policía Nacional esta persoa conseguiu o diñeiro que había na caixa rexistradora, un botín duns seiscentos euros.
Tal e coma relata a dona todo aconteceu todo moi rápido. O individuo conseguiu escapar a través as galerías da rúa Castelao.
Pouco tempo despois, outra persoa, tamén co rostro tapado e a punta de pistola atracou unha tenda de roupa, Aires de Muller, situada na rúa Rey Daviña. Nesta ocasión, o botín acadou os 2.360 euros.
Segundo fontes da investigación ambas persoas podían estar relacionadas que tiñan todo ben planificado e organizado para conseguir fuxir. Dous vehículos da Policía Nacional patrullaron pola zona pero sen obter ningún resultado. O que si atoparon foi unha das prendas que empregou un dos dous atracadores para cubrilo seu rostro. Polo momento, a investigación segue aberta á espera de esclarecelos feitos.
Redacción Salnés