![]()
PONTEVEDRA> O PSdG ven de iniciar a súa xeira de reunións en Pontevedra para expoñer as súas propostas políticas para saír da crise.
{flowplayer}images/salnes/reunion_executiva_psdg_pontevedra.flv{/flowplayer}
Os socialistas lamentan que o executivo galego non saía da súa fatalidade resignada que os caracteriza para implantar políticas de privatización e recorte na sanidade e no ensino ca escusa da crise; cando non son máis –dixo- que decisión ideolóxicas da dereita. É por isto polo que fronte ós recortes defenden unha política de dinamización e crecemento, que recollen tendendo á man ás distintas forzas galegas. Manuel “Patxi” Vázquez asegurou que a economía galega decrece o dobre de rápido que a do resto das comunidades; deixando o seu paso unha sangría de peches de negocio e despedimentos.
Para atallar esta creba de PEMES, cifrada nunhas once mil nos últimos tres anos, propoñen crear un Instituto Público de Crédito e Finanzas de Galicia, que empreste cargos ós pequenos e medianos empresarios do País, a un interese do un por cento.
Os socialistas volverán a reunirse este mércores, a media mañá en Pontevedra, nunha homenaxe conxunta a Valentín Paz Andrade, co gallo da conmemoración do Día das Letras Galegas esta semana na súa honra.
Redacción Salnés










