A Pobra promove unha nova edición do curso de lingua de signos

A POBRA> A Pobra volverá poñer en marcha un curso de iniciación á lingua de signos. Trátase dunha iniciativa promovida polo departamento de Desenvolvemento Local en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns. Terá lugar o próximo 25 de outubro en horario de mañá.

Mañá abre o prazo para inscribirse no curso de iniciación á lingua de signos que que se impartirá na casa da mocidade da Pobra o día 25 de outubro entre as dez da mañá e as dúas da tarde. O concello decidiu volver apostar por esta iniciativa tralo éxito da primeira edición, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns

Os interesados poden inscribirse ata o día 13 de outubro presentando copia do DNI tanto no rexistro municipal como a través da sede electrónica. O número de prazas é de 25 e adxudicaranse por orde de inscrición.