O executivo boirense intensificará os controis para evitar as aglomeración no San Ramón de Bealo

BOIRO> Outro ano máis o concello de Boiro non permitirá a instalación de postos e atraccións na romaría do San ramón de Bealo prevista para o vindeiro 31 deste mes de agosto. O executivo local xa anunciou que intensificará as medidas e os controis para evitar es día e a véspera as aglomeracións na contorna da ermida.

A través dun bando informativo, o executivo boirense informou que nin o Concello nin a Comisión de Festas van organizar, como xa acontecera o pasado ano, ningún actividade festiva para ese día e non se permitirá tampouco a instalación de postos ou atraccións no recinto.

Si se manterá a actividade de actos relixiosos, seguindo sempre as medidas decretadas polas autoridades sanitarias para o control da situación epidemiolóxica.

Ademais, para evitar ese día as aglomeracións de xente na contorna da ermida, intensificarase a vixilancia para evitar que se produzan xuntanzas entre persoas non convivintes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí