Terapia para nenos con dornas da Illa de Arousa

    dornas100_281008.jpgA ILLA > O Concello da Illa de Arousa doará estas maquetas de dornas ó municipio de Arzón, na Bretaña francesa.

    {flowplayer}images/salnes/dornas.flv{/flowplayer}

    A ILLA > O Concello da Illa de Arousa doará estas maquetas de dornas ó municipio de Arzón, na Bretaña francesa.

    Os barquiños foron elaborados polas alumnas traballadoras do taller de construción naval do obradoiro de emprego Nordés dous e serán entregados a unha asociación benéfica que axuda a nenos con problemas psíquicos e de inadaptación. A entrega das maquetas farase no Salón Náutico que se desenvolve na localidade francesa ata o 2 de novembro.

    As alumnas deste módulo traballan basicamente con embarcacións en poliéster que logo doan a diversos colectivos e entidades do municipio. Arestora constrúen unha planadora para a confraría de pescadoras e antes xa despacharon 6 piraguas, cinco botes auxiliares para o club de remo e outros dous para socorristas. Agora a Arzón envían oito maquetas de dornas. O director do obradoiro será que viaxe mañá a Francia para entregar as maquetas en representación do Concello da Illa.

    Redacción Salnés