O persoal de Valoriza reclama una suba salarial e pide á Mancomunidade que cambie os pregos para a vindeira concesión

CAMBADOS> Os traballadores da empresa Valoriza, encargada do servizo de recollida do lixo en Cambados, Meis e Vilanova manifestáronse esta mañá na vila cambadesa. Reclaman un convenio xusto e salarios dignos e piden tanto á compañía como á Mancomunidade do Salnés, adxudicataria do servizo, que resolvan este conflito laboral. O cadro de persoal denuncia que leva dende o 2016 cos salarios conxelados.

Traballadores da empresa Valoriza, encargada do servizo de recollida do lixo en Cambados, Meis e Vilanova volveron hoxe á rúa. Fixérono na vila cambadesa, dende o Salón Peña ata a sede da Mancomunidade do Salnés, para reclamar a actualizacións dos seus salarios, conxelados dende o 2016.

O cadro de persoal e a empresa están inmersos nas negociacións para renovar o convenio laboral, caducado no 2016. Os traballadores reclaman un incremento salarial do 10% ata o 2024 para, despois, negociar incrementos que compensen os anos de conxelación.

Neste punto sería preciso o compromiso da Mancomunidade do Salnés, adxudicataria do servizo. Dende a CIG reclaman que publique novos pregos de condicións antes de que remate o actual contrato no 2025 contemplando a actualización dos salarios co IPC anualmente.

Os traballadores explicaron hoxe que xa foron convocados a unha nova reunión con Valoriza para continuar coas negociacións. Será o vindeiro día 25.