Sanxeno presenta o manual de boas prácticas para destinos turísticos intelixentes

SANXENXO> Sanxenxo presenta diferentes programas para mellorar o seu sector turístico. Un deles é un sistema de monitorización de indicadores de turismo sostible. E o outro un manual de boas prácticas para Destinos Turísticos Intelixentes.

O concello de Sanxenxo continúa desenvolvendo proxectos para mellorar o seu sector turístico. Xunto con Segittur presentan o sistema de monitorización de indicadores de turismo. Un programa que permitirá obter uns datos máis fiables sobre o turismo na vila. Para elo levaron a cabo un estudo contando coa colaboración de Escam, empresa xestora dos residuos, e Espina y Delfín, xestora do consumo de auga.

O concello e Sanxenxo e Segittur tamén presentaron “Semántica”, o manual de boas prácticas para destinos turísticos intelixentes. Un programa que dota ao turismo de vocabularios e contextos que tanto os humanos como as máquinas comprenden por igual. O sistema adquire máis importancia coas medidas frote á covid 19, xa que permite informar da situación na que se atopa a vila, os espazos máis seguros e as noras a cumprir.

Dende o concello destacaron a importancia destes programas para mellorar o sector turístico de Sanxenxo. Tanto o alcalde como o presidente de Segittur resaltan que para que todo este traballo de resultado é importante que a xente cumpra coas normas.

Os técnicos de turismo de concello xa comezaron a traballar con semántica para que os visitantes coñezan puntos de interese coma farmacias, centros de saúde ou as normativas das praias. Dende o concello traballan para que os establecementos se unan a esta plataforma e garantir aos visitantes que Sanxenxo é un destino seguro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí